Comeza a campaña anual de mantemento e adecuación de bens de uso común de Chandebrito

O pasado sábado día 26 de maio deu comezo a campaña anual da Asociación Chandebrito 1807, de mantemento e adecuación de bens de uso común da parroquia, consistente na limpeza de camiños veciñais e vías públicas (recollida e xestión de residuos sólidos, roza de maleza, retirada de terras e entullos en cunetas), actuacións a desenvolver con Traballos en Beneficio da Comunidade.

Nas vindeiras semanas se prevé realizar tarefas de indicación e limpeza de accesos de bens culturais, e a realización e colocación de placas identificativas dos lugares.

Esta Agrupación está satisfeita cos traballos realizados nos anos anteriores (dende o seu inicio no ano 2012), destacando, entre outros, a recollida e xestión anual de preto de 20 quilos de lixo de espazos públicos, ademais de actuacións similares ás anteriormente citadas en todos e cada un dos barrios.