Baiona reforza a súa colaboración co Centro Juan María coa firma dun convenio

O Concello de Baiona colabora coa Asociación Benéfico Social de pais e amigos a Esperanza do Val Miñor (Centro Juan María) para sufragar parte dos gastos do proxecto «Ocio para todos».

Ángel Rodal, en representación do Concello de Baiona, acompañado pola Concelleira de Benestar Social, Mª Carmen Paredes, e Jose Santoro Pumarega, en representación do Centro Juan María, asinaron un convenio de colaboración que permitirá que 15 alumnos desfruten do programa «Ocio para todos».

A firma deste documento proporcionará ao colectivo o apoio económico e estrutural, para que os beneficiarios do centro poidan levar a cabo, como en veráns anteriores, un servizo de lecer, axudando ao desenvolvemento e integración de persoas con discapacidade intelectual.

O alcalde destacou o labor desta asociación e «a intención do concello en apoiar a este tipo de asociacións para que poidan conseguir os seus obxectivos, e demostrar a gran creatividade, esforzo e integración que demostran os alumnos neste tipo de actividades».

Anuncios