O baionés Adrián Gómez, terceiro en lanzamento de martelo no Campionato Galego

FOTO: CELTA ATLETISMO // Adrián Gómez, á esquerda.

O baionés Adrián Gómez Cima conseguiu este fin de semana un terceiro posto no Campionato de Galicia de Atletismo Cadete/Sub-16, que se celebrou no estadio de Calabagueiros do Barco de Valdeorras. O deportista do Real Club Celta Atletismo fíxose co bronce en Martelo (4kg) cunha marca de 35.01. Estivo acompañado no podio polos seus compañeiros de equipo Eric Méndez Seijo (62.16) e David García Villafines (56.81), primeiro e segundo respectivamente.