
O Club Deportivo Bicivoadores Val Miñor organiza o vindeiro domingo 17 de xuño o seu II BTT, cun percorrido de 45 quilómetros de dificultade media-alta e saída desde o Concello de Nigrán.
O prezo para participar é de 10 euros. A marcha incluirá 3 avituallamentos sólidos e líquidos, duchas e lavado de bicicletas. Parte do recadado irá doado á Alianza Española de Familias de Von Hippel-Lindau, denominada enfermidade rara canceríxena.
As inscricións deberán realizarse mediante ingreso en conta ES43 2100 4790 4202 0020 5641 e posterior envío de xustificante de pago ao correo electrónico bicivoadoresvalminor@hotmail.com.
Tamén haberá unha andaina de 10 quilómetros cun prezo de 5 euros.