
O equipo cadete feminino do CB Nigrán participou esta mañá no torneo organizado polo Club Baloncesto de Salceda de Caselas. O equipo nigranés, dirixido por Xavi Barra, disputou varios encontros e concursos de tiro.
Desde o CB Nigrán queren agradecer ao Club Baloncesto Caselas a súa invitación e felicitalos pola excelente organización deste evento e polo bo ambiente que se respirou grazas ao cal as nenas puideron gozar dunha magnífica mañá de baloncesto.
O CB Nigrán está a pechar esta espléndida tempada coa participación en diferentes eventos deportivos e está metido xa de cheo na organización dos dous campus de verán, un en Nigrán e outro en Gondomar, en colaboración cos seus respectivos Concellos.