Anuncios
Ticker de novas

Vespamiñor celebra este domingo a VIII Volta en Vespa e Lambretta

Vespamiñor Scooter Club organiza o domingo 27 de maio a VIII Volta en Vespa e Lambretta. A xornada comezará ás 10:00 da mañá coa recepción dos participantes na Praza de San Campio na Ramallosa, Nigrán, con almorzo cortesía de Rosquillas Cristaleiro. Ás 11:00 horas comezará a ruta pola contorna do Val Miñor e Baixo Miño, con visita guiada ao Castelo de Santa Cruz na Guarda ás 13:00 horas. Ás 15:00 horas haberá unha comida de convivencia no Parador de Baiona, para finalizar o encontro ás 18:30 horas.

Anuncios