Valmiemprega organiza unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega II” organiza o vindeiro sábado 9 de xuño unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar. O punto de encontro será ás 11:00 da mañá na Praza do Concello de Gondomar. Os encargados de guiar aos asistentes durante aproximadamente dúas horas serán os alumnos-traballadores da especialidade “Promoción Turística Local e Información ao Visitante”. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no teléfono 986 384 020 de 9:00 a 14:00 horas ou a través do correo electrónico valmiempregaprint@gmail.com.

Anuncios