Anuncios
Ticker de novas

O Gondomar Club de Fútbol xógase a permanencia no último partido da tempada

O Gondomar Club de Fútbol disputará este domingo o último partido desta tempada. No encontro, que comezará ás 18:00 horas no campo de As Gaiandas, o equipo xógase a permanencia ou o descenso. Deberán conseguir a vitoria ante o Marcón Atlético para manter a categoría, e animan a todos os afeccionados a acudir para apoiar e animar aos xogadores.

Doutra banda, ábrese o prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do Club, xa que o período da actual Directiva finaliza este xuño. As candidaturas poden presentarse ben a calquera membro da Directiva ou o mesmo día da Asemblea, in situ, o 17 de xuño no Centro Neural de Gondomar ás 11:00 en primeira convocatoria, 11:30 en segunda e 12:00 en terceira.

Anuncios