Unha condutora ebria choca cun vehículo estacionado en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN // Estado no que quedaron os vehículos.

O alcol provocou que unha veciña de Nigrán chocase contra un coche aparcado cando circulaba pola rúa Tomás Mirambell de Panxón. O suceso produciuse sobre as 23:30 horas do martes, afortunadamente con tan só danos materiais. O test de alcoholemia realizado á muller pola Policía Local tras o impacto arroxou un resultado de 0,76 miligramos por litro en aire respirado, o triplo da taxa permitida, polo que os axentes instruíron dilixencias xudiciais.