Mireya Represa e Artai Bringas proclámanse campioa e subcampión galegos de xadrez

Este pasado fin de semana celebráronse en Vilagarcía os Campionatos Galegos de Xadrez na modalidade de lóstrego e rápidas, así como o XVI Torneo Santa Rita pertencente ao XIII Circuíto Galego de Promoción.

Na tarde do sábado celebrouse a modalidade de lóstrego cunha participación de 104 xogadores, na que hai que destacar os resultados de Artai Bringas, que rematou no posto 27, e de Fran Rego no posto 29. Tino González acabou no posto 45, Jorge Carneiro no posto 86, Ana Fernández no posto 87 e Laura González no posto 94. O sábado tamén se celebrou o Torneo de Promoción, destacando o sétimo posto na categoría de Sub-14.

O domingo celebráronse os campionatos de rápidas cunha participación de 106 xadrecistas,a onde esta vez os miñoráns acadaron dous podios, na categoría feminina a baionesa Mireya Represa proclamouse campioa de Galicia, e o gondomareño Artai Bringas sub campión na categoría de Sub-18. Ana Fernández rematou no posto 77 e Jorge Carneiro no 86.