
O Centro Cultural e Recreativo O Torreiro de Priegue, en Nigrán, acollerá este sábado día 26 de maio ás 19:00 horas a actuación do Grupo Airiños da Peneda. Trátase dunha agrupación de música tradicional que se formou a principios do ano 2006 na parroquia de O Viso (Redondela). O seu repertorio componse de diversos temas populares como por exemplo as tradicionais “O burro da tía Lola”, “Meus Amores”, “Vai lavar morena”, “Monte Viso” e “O estraperlo”, entre outras.