Anuncios
Ticker de novas

Omar Rodríguez acode ao Torneo Internacional de Loitas Olímpicas Citta di Sassari en Italia

Oito deportistas galegos e un técnico foron convocados coa Selección Nacional Júnior e a Absoluta de Loitas Olímpicas para participar do 24 ata o 27 de maio no prestixioso Torneo Internacional Citta di Sassari (Cerdeña, Italia). A esta cita do calendario internacional, a selección española convocou a 43 deportistas das categorías Júnior, Sub-23 e Sénior, dos que 8 serán galegos, o que supón que case 1 de cada 5 deportistas desprazados é da nosa Comunidade Autónoma

Os deportistas galegos convocados son na categoría júnior Nerea Pampín en 62 kg, do Club Keltoi de Vila de Cruces, Carlos Yobanni García en 65 kg, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo e Omar Rodríguez do Club de Loita Sabarís de Baiona, ambos en 70 kg. Na categoría sénior Lydia Pérez en 61 kg, do Club de Loita Pontevedra e Noelia Lalín en 68 kg do Club Keltoi de Vila de Cruces. En categoría masculina Pablo García en 79 kg, do Club de Loita Pontevedra e Damián Iglesias en 86 kg, do Club de Loita Touro.

Como seleccionador nacional acudirá Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978), á fronte da selección nacional júnior de Loita Libre Olímpica, onde “podemos atopar os novos valores do noso deporte, nun marco especialmente complicado, neste torneo internacional, con mais de 20 países convidados”, afirma o técnico. Esta competición servirá para perfilar as seleccións nacionais que acudirán as seguintes citas do calendario internacional.

Anuncios