Anuncios
Ticker de novas

A Praza do Concello de Nigrán acolle este venres a representación “Romance de Cans”

A Praza do Concello de Nigrán acolle este venres ás 20:00 horas a representación do “Romance de Cans” a cargo da compañía de maese Seisdedos. “O cego dos monifates” e un monicrequeiro ambulante que realiza as súas representacións usando a técnica tradicional do bululú galego na que o “lazarillo” manipulaba os bonecos oculto na capa do cego que tocaba a zanfona. Incluída no “Ano da Lingua” da Deputación de Pontevedra, trátase dunha adaptación do conto de María Victoria Moreno “Can branco, can negro” e está dirixida a todos os públicos. En caso de choiva se realizará no Auditorio Municipal de Nigrán.

Anuncios