
Desde o Gondomar Club de Fútbol continúan coa parte de formación e información sobre calquera aspecto que inflúa no aspecto deportivo. Este xoves día 24 de maio ás 20:30 horas no Centro Neural terá lugar unha conferencia sobre a biomecánica e a maneira en que afecta o rendemento e prevención de lesións deportivas. Os relatores serán Felipe Murga, Doutor en Morfoloxía Médica e Especialista en Biomecánica, e Isidoro Buceta, Especialista en Podoloxía Deportiva.