Anuncios
Ticker de novas

A Asociación Eixotolo de Camos organiza unha excursión a Santa Ferreña

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza o sábado 2 de xuño unha excursión a Silleda para participar nos XIX Encontros de Música Tradicional organizados pola Asociación Intercultural Santa Ferreña que se celebran no Mosteiro de Carboeiro e a súa contorna, con saída ás 9:00 da mañá desde o Centro Cultural A Camoesa e chegada ao mesmo lugar ás 20:30 horas.

O custo da excursión é de 12 euros por persoa. Recoméndase levar roupa cómoda e comida, ou pola contra comer no lugar da festa, onde ademais de bocadillos e empanada haberá un menú a prezo popular (15 euros). Os interesados poden anotarse no teléfono 648 023 014. Prazas ata completar aforamento.

Santa Ferreña é a patroa dos músicos tradicionais que se celebra ano tras ano no Mosteiro de Carboeiro, un enclave único que consegue reunir a multitudinarios músicos tradicionais que se xuntan tanto para botar unhas pezas como para recuperar a diversión como se fixo sempre. Ademais de visitar o Mosteiro de Carboeiro farase unha pequena ruta para coñecer a fervenza da Toxa.

Anuncios