Anuncios
Ticker de novas

Xornada de portas abertas no Centro de Día Mancomunado do Val Miñor

O Centro de Día Mancomunado do Val Miñor abre as súas portas o día 23 de maio para convidar a todos e a todas aqueles que gusten en visitalos e participar nas actividades previstas.

Desde as 11:00 ata as 12:00 proxectaranse os vídeos resultado do concurso “Nunca é tarde”: gravacións de anuncios televisivos onde as persoas maiores son os protagonistas de calquera temática que axude a romper estigmas, que se vexan representados nas temáticas onde sempre son relegados.

A continuación, haberá unha mesa redonda na que se debaterá o tema do “Empoderamento das persoas maiores”. Teresa Barberena Fernández, Profesora do IES Audiovisual de Vigo, Mª Elena García Rivas, Traballadora Social do Centro de Día, e Maite Campos Gómez, Actriz, Profesora de Expresión Corporal, Directora de Teatro, abordarán o tema.

Xa pola tarde, de 16:00 a 17:00 horas, terá lugar a charla”O rol dos maiores na sociedade actual”, na que abordarase a análise da situación actual dos maiores na sociedade tanto dun punto de vista social, económico, laboral, cultural e de ocio. Un paso adiante na Silver Economy. Luís Barros Ríos, Sociofundador Atendo Calidade, Director de Innovación Atendo, será o encargado de informar acerca o tema.

Finalmente, de 17:30 a 18:30 horas desenvolverase un xogo participativo que consistirá nun concurso formato “Pasapalabra” de preguntas relativas ó edadismo nas persoas maiores, e a idea que pode haber estendida dos mesmos. Participarán alumnos/as do primeiro curso do IES Primeiro de Marzo do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística, en dous equipos cos usuarios/as do CAPM Mancomunado do Val Miñor. Os/as gañadores/a serán os que acerten máis preguntas.

Ademais, o centro albergará a exposición itinerante ”Non pesan os anos, pesan os mitos e estereotipos na terceira idade”.

Anuncios