Os arqueiros de Baiona e Gondomar sóbense ao podio da I Tirada de Campo

Andrés, Silvia, Jose e Benxamín.

Este sábado celebrouse por primeira vez en Galicia e da man do club redondelán Meigarco e a Federación Galega de Tiro con Arco a primeira Tirada de Campo. Esta disciplina, que nunca estivo presente en Galicia, estreouse no circuíto redondelán con presenza dun total de 74 participantes, discorrendo por un percorrido excelente acompañado ademais dun estupendo día.

Esta modalidade, en comparación á de 3D, incorpora ademais a opción de participación dos arcos recurvos, arcos que habitualmente están presentes en sala e aire libre ou olímpicos. É unha gran oportunidade para que máis modalidades establézanse en Galicia, ademais de dar opcións a outros arqueiros como os recurvos de gozar tamén dela. Especialmente é importante mencionar como esta actividade dá a opción de participación tanto aos máis novos como aos máis veteranos, sendo isto ademais unha interesante maneira de que os rapaces aprendan dos máis expertos.

Os arqueiros do club Meigarco conseguiron uns bos resultados. A baionesa Silvia Marcote alcanzou a terceira posición en arco instintivo sénior muller. Á súa vez, en sénior arco espido, o gondomareño Sergio Alonso conseguiu unha excelente puntuación e segunda posición, do mesmo xeito que Violeta Peitieiros, segunda clasificada empatando a puntos co primeiro. En arco sénior recurvo instintivo o redondelán Alfredo Amoedo conseguiu unha terceira posición. Finalmente, o tomiñés Adrián Millán conseguiu a primeira posición en Sub-14 sen visor e o baionés Benjamín Carneiro, cunha excelente actuación pola súa curta idade, unha terceira posición a moi poucos puntos do segundo clasificado.

2018-05-21 - Benjamin y Andres