Anuncios
Ticker de novas

O infantil do CB Baiona proclámase campión da Copa Primavera

Este pasado domingo o Club Baloncesto Baiona proclamouse campión da Copa Primavera en categoría Infantil Masculino. O equipo venceu na final a Defensores do Morrazo por 76 a 47.

O equipo Infantil Feminino venceu 45 a 35 a Tui tamén na final de Copa e queda o partido de volta, este fin de semana, que decidirá o campión da competición. O equipo Sénior Masculino venceu por 70 a 66 a Rías Baixas no partido de ida das semifinais de Copa. Tamén este fin de semana xogarase o partido de volta.

Isto súmase ao título de Liga en categoría Júnior Feminino conseguido polo CB Baiona hai unhas semanas.

Anuncios