Anuncios
Ticker de novas

Antonio Angulo imponse na segunda etapa da Volta a Alacante

FOTO: CLUB CICLISTA RÍAS BAIXAS // Antonio Angulo.

A segunda etapa da Volta Ciclista á Provincia de Alacante completou un percorrido de 149 km entre San Bartolomé e La Nucía con tres portos de montaña. Os 101 corredores fixeron case 4 horas de percorrido en estradas alacantinas cunha media aproximada de 40km/h.

A etapa reina da volta deixou primeiro na clasificación do día a Antonio Angulo do equipo Rías Baixas que chegou cun tempo de 3h 44m 24s, escapado xunto co ruso Savva Novikov, quen obtivo o primeiro lugar da clasificación Xeral Individual e vestiu as camisolas de Líder de Montaña e Xeral Sub 23. O seu equipo Lokosphinx consagrouse primeiro equipo da etapa.

O equipo Caja Rural – Seguros RGA quedou co liderado Xeral de Equipos e o seu corredor Javier Fontes repetiu a camisola de Sprints Especiais. O corredor do equipo alacantino Ulb Sports, Víctor Manuel Romero, recibiu a camisola Xeral de Regularidade. O líder xeral de Metas Volantes é Felipe Orts do Mutua Levante- Bioracer. E José Carlos Núñez do equipo valenciano Electro Hiper Europa gañou a clasificación de Xeneral Alacantino nesta etapa.

Anuncios