Anuncios
Ticker de novas

Poemas e música para celebrar o Día das Letras Galegas en Panxón

A Asociación de Veciños Monteferro de Panxón celebra este sábado día 19 de maio o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno Márquez. A partir das 19:00 horas no local da asociación (Rúa Porqueira-Panxón) haberá unha presentación de poemas a cargo de Milagros Ferreira e a actuación do Grupo de Pandereteiras da Asociación e do Coro Ecos do Castelo de Parada.

Anuncios