Anuncios
Ticker de novas

Nigrán únese ao Día da Enfermidade Inflamatoria Intestinal iluminando de morado a Casa do Concello

O Concello de Nigrán únese este sábado 19 de maio á conmemoración do Día da Enfermidade Inflamatoria Intestinal iluminando a Casa do Concello de morado para dar maior visibilidade ás doenzas de crohn e colitis ulcerosa, unha iniciativa á que se suman 40 países do mundo e que Nigrán quere divulgar entre a veciñanza.

As dúas doenzas caracterízanse por ser enfermidades do intestino esencialmente, inmunomediadas, inflamatorias e crónicas, que evolucionan en brotes (fases activas) e períodos de remisión (fases inactivas). Ambas alteran a capacidade do organismo para dixerir os alimentos e absorber os nutrientes e comparten ademais características clínicas e patolóxicas. Algúns síntomas comúns son: diarrea, sangue nas feces, cansazo, dor abdominal, perda de apetito, perda de peso e febre.

Dende Accu Vigo (asociación de enfermos de crohn e colitis ulcerosa) recordan que o luns 21 de maio a partir das 9:00 horas haberá na área de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro unha xornada informativa ao respecto.

Anuncios