Exposición dos traballos do certame de fotografía “Viaxando” en Gondomar

“Namorados no Interrail” de Daniel Álvarez Fonterosa.

Do 18 ao 31 de maio, o Concello de Gondomar albergará a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico Viaxando do ano 2017. Esta exposición reflicte inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.

Os visitantes poderán ver de primeira man os traballos presentados por vinte mozos e mozas participantes dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui.

A actividade está organizada polas oito OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor e pola Casa de Xuventude de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria vaise afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.

O gañador do premio do 11º Certame Fotográfico Viaxando no ano 2017 foi Daniel Álvarez Fonterosa coa foto “Namorados no Interrail” presentada na Casa da Xuventude de Tui.