
A Peña Motera Os Rillasepas celebra este fin de semana a súa 10ª Motochurrascada. O punto de quedada será o Centro Cultural de Donas, en Gondomar, onde o sábado 19 ás 12:00 do mediodía abrirase a zona de acampada. Ás 16:00 horas, comezará a ruta con pinchada e xogos, e xa pola noite, a partir das 22:00 horas, celebrarase unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezará cun almorzo ás 9:00 da mañá, e o evento finalizará cunha nova ruta e pinchada ás 11:00 horas.