Detidos dous homes con domicilio en Nigrán cando ían cometer un atraco

Ás 19:45 horas do pasado venres 11 de maio a Policía Nacional detiña a dous  individuos, un español de 50 anos e outro croata de 43, ambos os dous con domicilio en Nigrán, relacionados cos últimos atracos cometidos en catro establecementos Cash Galicia de Vigo,  Vilagarcía de Arousa e Sanxenxo, e cando se dispoñían a realizar un quinto atraco noutro establecemento dunha cadea distinta, pero do mesmo ramo.

Catro atracos en catro meses e un quinto evitado na propia porta do supermercado almacenista

O pasado 31 de xaneiro dous individuos armados cunha escopeta e unha pistola entraban no establecemento comercial CASH GALICIA da estrada de Camposancos (Vigo), e tras intimidar aos empregados facíanse con 11.500 € da recadación, para a continuación fuxir do lugar nun vehículo.

Mentres avanzaba a investigación o 19 de febreiro cométese un segundo atraco nun supermercado Cash Galicia en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), os autores e o modo de actuar eran similares ao feito que se estaba investigando, fuxindo neste caso con máis de 12.500 €.

Un mes máis tarde, o 15 de marzo, prodúcese un novo atraco, de similares características, armados con escopeta e unha pistola, con pasamontañas e luvas, no Supermercado que xa atracaran o 31 de xaneiro, na estrada de Camposancos (Vigo), logrando facerse cun botín de máis de 9.000€.

O 14 de abril, realizan un novo atraco noutro establecemento da mesma empresa en Sanxenxo, volvendo presentar os mesmos elementos característicos dos tres atracos anteriores.

Como característica especial, os atracadores chegaban á hora de peche dos establecementos, e maiormente nos días próximos aos fins de semana, que era cando a recadación en caixa adoita ser maior, sempre con armas de fogo, e sempre perfectamente camuflados, con matrículas falsas roubadas os días anteriores en cidades próximas onde cometeríanse os atracos.

Como un quebracabezas, os investigadores do Grupo EDEV 2 da Comisaria de Vigo, van recollendo pequenos datos investigativos, e conformado unha pista xa moi sólida na investigación, así se fan seguimento a posibles atracadores.

Un operativo importante de Policías Nacionais leva a cobertura desta investigación

Nun dos dispositivos de vixilancia sobre os presuntos autores, detéctanse este pasado venres, movementos estraños polo que se decide facer un seguimento e solicitar a presenza dos GOEs con base en Galicia, pola posibilidade de que puidese cometerse un novo atraco.

Despois dun longo percorrido por distintos pobos próximos a Vigo, e ante a proximidade dun establecemento na cidade de Ponteareas, dun Cash Record, preparouse o dispositivo para desbaratar o posible atraco, cando xa próximos o GOE, comprobouse que os atracadores baixaban do coche con pasamontañas e dúas pistolas na man para realizar este novo atraco, procedeuse a interceptalos, un deles tenta darse á fuga, sendo necesario efectuar un disparo intimidatorio ao aire, porque o atracador portaba un arma de fogo na man, procedéndose á detención de ambos.

No día posterior, con autorización do Xulgado que leva a investigación, realizouse unha entrada e rexistro no domicilio de ambos en Nigrán, atopándose, unha escopeta utilizada nos atracos anteriores, e diverso material de camuflaxe.

No transcurso da investigación tamén se comproba, que o pasado día 7 tentaron realizar o atraco no que agora foron detidos no establecemento Cash Record de Ponteareas, aínda que non puideron xa que á súa chegada un dos empregados estaba a baixar a persiana de entrada por ser a hora do peche.

A investigación foi levada a cabo por axentes Grupo de UDEV-2, pertencente á Brigada de Policía Xudicial, pasando os detidos e todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución número 8 dos de Vigo, por ser quen coñecía dos feitos.