Anuncios
Ticker de novas

Localizada con vida unha muller que buscaban dende onte en Gondomar

FOTO: GARDA CIVIL // Un axente da Garda Civil no lugar no que se atopou a muller.

A Garda Civil comunicaba á primeira hora desta mañá ao 112 Galicia que a muller que levaba desaparecida dende onte en Gondomar foi atopada. Segundo indicaron, a muller foi atopada viva e no medio dun río e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Unha veciña da desaparecida foi quen, sobre as 23:00 horas da noite pasada, chamou ao 112 Galicia para alertar da súa desaparición. Indicaba que dende a noite do día anterior non escoitara á súa veciña, no lugar de Vilas, en Morgadáns. Descartaba problemas de saúde salientables pero si nalgunha ocasión padecía problemas de orientación.

A partir de aí, deuse conta dos feitos á Garda Civil. Tamén os membros do GES e de Protección Civil de Val Miñor foron informados do suceso.

Ás 07:30 horas de hoxe, a Garda Civil comunicaba ao CIAE a localización da muller.

Anuncios