Anuncios
Ticker de novas

A Biblioteca de Nigrán celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos infantil no seu xardín

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Biblioteca Municipal de Nigrán.

O Concello de Nigrán, dentro da programación especial das Letras Galegas, celebra este venres 18 de maio un contacontos infantil no xardín da Biblioteca Municipal ás 18:00 horas. Dirixido a nenos de 3 a 12 anos e unha duración de 45 minutos, corre a cargo da narradora oral Raquel Queizás. Neste contacontos “Ruta propia” aparece na biblioteca un caixón cheo de libros, xoguetes, chapeus, fotografías, follas escritas… Un verdadeiro tesouro que nos levará a coñecer o mundo cheo de historias creado e soñado por María Victoria Moreno. Mentres aprendemos a linguaxe das estrelas e escoitamos soños, ela nos convidará a viaxar ao seu carón. Un vello e coqueto chapeu se transforma no volante de A Teresita, o seu coche…

Anuncios