Anuncios
Ticker de novas

Xogos científicos e tecnolóxicos para nenos e adolescentes en Gondomar

FrikLAB é unha nova academia-ludoteca de ciencia e novas tecnoloxías para nenos e nenas e adolescentes en Gondomar. O próximo 1 de xuño abren as súas portas cunha festa de inauguración de 16:00 a 21:00 horas e teñen preparada unha tarde de xogos científicos e tecnolóxicos, música e pinchiños para todo aquel que pase a facer unha visita.

Entre as actividades planificadas hai varias roldas de xogos de mesa coma Catan, Monopoly de Star Wars, Munchkin, Magic, Descent, Warhammer, campionato de robots Lego de combate, servidores de Minecraft con gincanas, mostras de experimentos e instalacións electrónicas, retos de Kerbal Space Program, e moito máis.

Para os que non poidan ir á festa de inauguración, FrikLAB estará aberto ao público todo o mes de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00, e de 16:00 a 21:00, para que os interesados poidan probar unha sesión totalmente gratuíta das súas actividades científicas e tecnolóxicas.

Ademais sortearase entre todos os asistentes das dúas primeiras semanas de portas abertas un pase de unha semana de campamento a escoller durante os meses de xullo e agosto e 4 bonos de ludoteca de 5 horas cada un.

Anuncios