Anuncios
Ticker de novas

A Peña Moteros Val Miñor recolle o premio ao mellor evento deportivo polo Trial das Nacións

O Trial das Nacións – Campionato do Mundo de Trial, organizado pola Peña Moteros Val Miñor e disputado os pasados días 23 e 24 de setembro na vila de Baiona, foi recoñecido este luns como Mellor Evento Deportivo na gala de entrega dos Premios Deporte Galego do ano 2017 da Secretaría Xeral para o Deporte, celebrada no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra.

O presidente da Peña, José Durán, recolleu o galardón de mans do conselleiro de Sanidade e ex alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o traballo da entidade, responsable de traer un evento de primeiro nivel como o Trial des Nations de Motociclismo á Real Vila. Nesta cita intercontinental concorreron unha vintena de países cos mellores pilotos do mundo, sendo España a vencedora absoluta en categoría feminina e masculina.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que cualificou a celebración do maior evento de trial por equipos do mundo como “un rotundo éxito”, deulles a noraboa “por este merecido premio” e agradeceu a súa “ilusión e traxectoria”.

2018-05-15 - image_gallery

Anuncios