
A pelexa polo Volante FGA ponse a lume vivo tras a disputa das tres primeiras probas do Campionato Galego de Rallies, con tres equipos separados por menos de dez puntos na clasificación xeral. O liderado do Volante FGA cambiou de mans tras a disputa do Rallye Rías Baixas deste fin de semana, pasando de Diego González (que abandonou na 52 edición da cita olívica, por problemas mecánicos no primeiro tramo da tarde) a mans do coruñés Daniel Berdomás, que ademais conta cunha proba menos disputada, o que lle dá un valor adicional ao seu liderado despois de impoñerse nas dúas carreiras nas que participou esta tempada no galego.
Por detrás do piloto coruñés na clasificación absoluta, atópase Jorge Cagiao. O de Ferrolterra viña de impoñerse en Noia e liderou durante boa parte da cita viguesa, pero finalmente tivo que ceder no último bucle ante o empuxe da dupla formada por Daniel Berdomás e Mario González. O terceiro posto da clasificación xeral no trofeo promocional Volante FGA foi para outro equipo herculino, o formado por Jorge Garnelo e Javier Martínez.
En total, sete equipos completaron o complicado percorrido da emblemática cita, que estivo marcada pola neutralización de boa parte da sección matinal. Por mor disto, os equipos tiveron que realizar unha proba ao sprint, onde as diferenzas entre os primeiros clasificados foron mínimas, o que converteu a pelexa pola vitoria no Volante FGA na máis intensa e emocionante da edición número 52 do Rallye Rías Baixas.
RALLYE RÍAS BAIXAS – TROFEO VOLANTE FGA
POS | PILOTO-COPILOTO | VEHÍCULO | TIEMPO |
1º | Berdomás – González | Peugeot 106 | 52:08.927 |
2º | Cagiao – Blanco | Peugeot 106 GTI | 52:20.968 |
3º | Garnelo – Martínez | Citroën Saxo VTS | 53:27.591 |
4º | Atán – Fernández | Citroën Saxo 16V | 54:14.331 |
5º | Puime – Cameán | Peugeot 206 | 56:02.372 |
6º | Vázquez – Fernández | Citroën C2 | 56:07.875 |
7º | García – Barreiro | Citroën Saxo | 56:19.444 |
ASÍ VAI O TROFEO VOLANTE FGA
POS | PILOTO | VEHÍCULO | PUNTOS |
1º | Daniel Berdomás | Peugeot 106 | 420 |
2º | Jorge Cagiao | Peugeot 106 GTI | 415 |
3º | Jorge Garnelo | Citroën Saxo VTS | 411 |
4º | Diego González | Citroën Saxo | 300 |
5º | Heriberto Atán | Citroën Saxo | 298 |
6º | Javier Ramudo | Citroën C2 | 198 |
7º | Cristóbal Teijeiro | Citroën Saxo | 175 |
8º | Iván García | Peugeot 206 XS | 150 |
9º | Miguel Iglesias | Citroën Saxo | 144 |
10º | José Luís Puime | Peugeot 205 GTI | 112 |