Sin categoría

Rodrigo Vila leva a Copa Pirelli AMF Motorsport no Rías Baixas

A edición número 52 do Rallye Rías Baixas foi a proba máis incerta de todo o que leva disputado no Campionato Galego de Rallies, con dous bucles matinais nos que as incidencias dos tramos impediron que os equipos puidesen pelexar contra o cronómetro. A tarde na cita olívica prevíase moi intensa para todos, pois practicamente non tiveran tempo nin ocasión de decidir nada.

O actual líder Francisco Pazos seguía demostrando estar un paso por encima dos seus rivais, pero o que parecía que ía ser a terceira vitoria consecutiva do piloto de Moraña trastornouse nun último bucle no que os dupla Pazos – Iglesias perdían tempo, circunstancia que aproveitaron tanto Rodrigo Vila como Rubén López para superalo na clasificación e recortar diferenzas na clasificación.

En total, 16 dos 20 equipos que tomaron a saída conseguiron completar o percorrido do emblemático rally, no que os cinco primeiros clasificados acabaron en pouco máis de medio minuto, boa proba do gran nivel e igualdade do trofeo promocional Pirelli AMF Motorsport. Por detrás de Vila, López e Pazos acabaron Francisco Cotón e José Luís Puime, cuarto e quinto respectivamente.

A seguinte cita do Trofeo Pirelli AMF Motorsport celebrarase dentro de mes e medio, coa disputa do Rally Cidade de Narón.

RALLY RÍAS BAIXAS – TROFEO PIRELLI AMF MOTORSPORT

POS PILOTO-COPILOTO VEHÍCULO TIEMPO
1º Vila – González Citroën Saxo 52:53.536
2º López – Outón Citroën C2 GT 53:03.668
3º Pazos – Iglesias Citroën Saxo VTS 53:10.094
4º Cotón – Fresco Peugeot 106 GTI 53:20.224
5º Puime – Iglesias Peugeot 205 GTI 53:25.614
6º Gandoy – Pena Peugeot 206 XS 53:38.325
7º Sangiao – Hermida Peugeot 106 GTI 54:24.831
8º Pita – Díaz Citroën Saxo VTS 55:47.756
9º Fraguas – Vázquez Citroën C2 GT 56:59.126
10º Sieira – Muñoz Peugeot 206 57:05.864

(hasta 21 clasificados)

ASÍ VAI O TROFEO PIRELLI AMF MOTORSPORT

POS PILOTO VEHÍCULO PUNTOS
1º Francisco Pazos Citroën Saxo 590
2º Rubén López Citroën C2 475
3º Francisco Cotón Peugeot 106 350
4º Rodrigo Vila Citroën Saxo 306
5º Rubén Gandoy Peugeot 206 XS 298
6º Javier Ramudo Citroën C2 198
7º Cristóbal Teijeiro Citroën Saxo 175
8º Iván García Peugeot 206 XS 150
9º Miguel Iglesias Citroën Saxo 144
10º José Luís Puime Peugeot 205 GTI 112