Anuncios
Ticker de novas

Baiona convoca o Certame de Alfombras Florais para o Corpus Christi 2018

O Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) convocan o tradicional Certame de Alfombras Florais do Corpus, que adornarán o percorrido da procesión, prevista o domingo 3 de xuño, tras a Misa das 12:00 horas, na Igrexa de Santa María de Baiona.

Acto seguido será a procesión polas rúas do centro histórico coa participación da Danza das Espadas e da Banda de Música de Baiona. A comitiva discorrerá por sete rúas baionesas, que lucirán as tradicionais alfombras florais do Corpus: Manuel Valverde, San Lorenzo,Conde, Ventura Misa, Lorenzo de la Carrera, San Xoán-Laxe e Santa Liberata.

As axudas concedidas serán de 200 euros por cada tapiz dun mínimo de 40 metros de lonxitude e 50 euros por alfombra na zona dos altares (cunha dimensión de 3×3 metros lineais). Aquelas persoas que queiran participar deberán inscribirse antes do 1 de xuño de 2018 no rexistro municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou na Sede electrónica do Concello: baiona.sedelectronica.gal.

Despois da recollida de flor, a confección comezará a véspera da procesión a partir das 22:00 horas do sábado 2 de xuño, cando se pecharán ao tráfico todas as zonas sinaladas para poder traballar toda a noite.

Anuncios