Anuncios
Ticker de novas

“Místika”, o novo tema do DJ e produtor baionés Vince Stone

DJ Vince Stone, Malheiro e Awa Fhami na gravación do vídeo clip en Cabo Silleiro.

Desde o venres xa se pode escoitar nas plataformas dixitais o novo tema do DJ e produtor baionés DJ Vince Stone, residente en Villa Rosa e con máis de 13 anos de experiencia. En “Místika” repite novamente co cantante Alberto Malleiro e conta cunha nova incorporación á voz, a moza Awa Fhami.

Trátase dunha produción de estilo Moombahton con toques de Reggaeton, Pop, Trap e Edm que ten todas as papeletas de soar nas pistas este verán. O sábado tamén se estreou o videoclip oficial, que comeza cunha espectacular panorámica de Nigrán desde Monteferro, e foi gravado nas antigas instalacións militares de Cabo Silleiro e no Pazo da Touza, realizado pola produtora baionesa Samaín Producións.

DJ Vince Stone embarcouse de cheo o pasado ano na produción musical co tema estival “Bailando Reggaeton”, no que tamén contou coa voz do artista Alberto Malleiro.

Anuncios