
Un ciclista resultou ferido na mañá deste domingo tras ser atropelado por unha furgoneta na contorna da Igrexa de Donas, en Gondomar. O accidente produciuse ao redor das 11:00 horas, cando ao parecer, o condutor do vehículo non respectou a prioridade de paso nunha intersección sinalizada cun STOP arroiando ao ciclista. A vítima, con rotura de xeonllo, foi trasladada a un hospital. A Garda Civil de Tráfico realizou posteriormente un test de drogas e alcol ao condutor, dando positivo en drogas e negativo en alcol.