Anuncios
Ticker de novas

A Coral Santa Eulalia de Donas participa no XIV Certame de Corais “Vila de Bembibre”

FOTO: CORAL SANTA EULALIA DE DONAS

A Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas participa este sábado 12 de maio no XIV Certame de Corais Vila de Bembibre (Bierzo-León), organizado pola Coral Polifónica Bembibrerense. O concerto será ás 20:30 horas no Teatro Benevívere.

O XIV Certame de Corais Vila de Bembibre, co que a coral organizadora celebra o seu 25 aniversario, comezou o pasado 5 de maio coa Agrupación Polifónica Centro Asturiano de Avilés. Tras a actuación da coral gondomareña actuará a Coral San Roque de Vigo o día 19 e o Coro La Flor de Pola de Lena e a Polifónica Bembibrerense o 26 de maio.

Anuncios