
Hai un ano e algo que, o Concello de Baiona ten coñecemento das demandas que existen no Camiño do Val, situado no Outeiro. A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís puxo en coñecemento persoalmente aos concelleiros de Vías e Obras, tanto ao anterior como ao actual, do problema existente, pedindo unha solución urxente en varias ocasións sen éxito. Rexistrouse no Concello o 31 de marzo de 2017 con número de rexistro 2605, e segue sen solucionarse.
Desde Castro e Ladeira sinalan que os veciños piden unha solución para evitar o asolagamento de auga no camiño, o que produce malestar e disputas entre os veciños das vivendas lindeiras que pasan polo camiño. “O Concello ten a Sabarís abandonado, é o que demostran día a día”.
“Despois de alertarnos os veciños da falta de limpeza en diversos puntos das parroquia, as cunetas, que non se tocaron, tamén segue o paseo valado sen arranxar o firme na Avda. Foz do Miñor… existen moitas demandas veciñais sen solucionar, a Casa Rosa segue pechada e moitas cousas máis”, indica o presidente da Asociación de Veciños, Martín Otero.