O Concello de Gondomar, a través da Concelleira de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra, ten programada do 20 ao 26 de maio unha viaxe para persoas maiores de 55 anos pola Ruta Colombina, 7 días e 6 noites cun custe de 395 €. Visitarán Ayamonte, Isla Cristina, Palos de la Frontera, El Rocío, Huelva, Villa Real de San Antonio, Lepe, Moguer, Punta Umbría e Tavira.
O prezo inclúe viaxe en autocar gran turismo, seguro de viaxe, pensión completa no Hotel Playa Cartaya 4**** (buffet e animación nocturna), guía acompañante e xantar en ruta o primeiro e último día. O prezo non inclúe extras no hotel, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos.
As persoas interesadas poden informarse no Departamento de Benestar Social na Casa da Cultura, teléfono 986 36 01 68.

