Anuncios
Ticker de novas

O TSXG confirma a sentenza do home que matou a outro cunha prancha en Nigrán

FOTO: CRTVG // O acusado durante o xuízo.

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirma o fallo da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra que condena a once anos e tres meses de prisión por un delito de homicidio a un home que matou a outro en Nigrán tras propinarlle un forte golpe na cabeza cunha prancha. A presidenta do Tribunal do Xurado fixara unha indemnización para a muller da vítima de 120.000 euros.

De conformidade co veredicto do Xurado, decláranse probados os seguintes feitos: sobre as 00:30 horas do día 12/06/2016 no salón da vivenda situada en Praia América, I.V. propinou a R.S. cunha prancha da roupa un forte golpe na parte lateral esquerda da cabeza que produciu un contragolpe na zona dereita.

A consecuencia destes golpes, R. sufriu feridas na zona cranial e hemorraxia organizada sobre a fosa posterior cerebral, fundamentalmente, a nivel troncoencefálico, que produciu unha comprensión do troncoencéfalo, provocando unha disfunción dos centros cerebrais que controlan as funcións biolóxicas básicas e causando a morte.

I. era consciente de que se golpeaba a R. Coa prancha na cabeza podería causarlle a morte, aínda que este resultado non fose o desexado, e aínda así, decidiu golpealo.

Anuncios