
Tras celebrar as súas dúas primeiras probas na Coruña e Noia, o certame autonómico de rallies visita Vigo e a súa área metropolitana esta semana, para a terceira cita. O Rally Rías Baixas vivirá a súa 52ª edición, despois dun parón de tres anos, que agora finaliza co regreso da proba ao Campionato Galego, e por tanto contando tamén coa presenza do Trofeo Top Ten Pirelli Castrol.
Na categoría A, destinada aos vehículos con motor de máis de 1.600cc (xa sexa con tracción simple a un eixo ou integral ás catro rodas) o primeiro posto na xeral provisional corresponde a Celestino Iglesias, que co seu Ford Fiesta N5 está a converterse nun dos pilotos máis activos do panorama galego, e aquí é un dos candidatos aos primeiros postos. Pola súa banda na categoría B (onde compiten vehículos de ata 1.600cc con dúas rodas motrices) o líder provisional ata este momento, como gañador das dúas probas celebradas, é Álvaro Pérez Abeijón, actual Campión do Volante FGA, outra das competicións promovidas por Pirelli no Galego de Rallies.
Análise técnica
Cara a finais de maio, as condicións atmosféricas habituais en Vigo e os seus arredores presaxian temperaturas agradables e unha escasa posibilidade de precipitacións. Esas características, unidas ao abrasivo do asfalto, fan presaxiar que dentro da gama de pneumáticos Pirelli, entre os que poden escoller os participantes deste Trofeo, hai catro opcións que cabe presupoñer serán as máis populares:
PNEUMÁTICO |
Debuxo |
Utilización |
Carcasa |
Composto |
RK |
Asimétrico |
Seco |
Dura |
9 (superblando), 7 (blando), 5 (duro) |
RKW |
Asimétrico |
Mollado |
Branda |
7 (blando) |
Para seguir o rally
VENRES 11 MAIO
Verificacións no Pavillón de deportes de Porriño
Cerimonia de saída na r/Príncipe de Vigo a partir das 18:30
Tramo A – “Gondomar” ás 19:43
Parque de asistencia situado en Samil
SÁBADO 12 MAIO
Saída rally ás 7h30 desde Samil
Tramo B – “Mondariz” ás 8:18 e 11:26
Tramo C – “ Sabaxáns” ás 8:44 e 11:52
Tramo D – “Salceda” ás 17:31 e 20:49
Tramo E – “Porriño” ás 18:27 e 21:46
Final do rally a partir das 22:25 en Samil
Resultados en directo en… www.temposfga.eu