Co fin de facilitar a recollida de invitacións aos interesados en participar na Festa dos Maiores que organiza o Concello de Baiona o vindeiro xoves 31 de maio decidiuse ampliar o horario de recollida das mesmas unha hora. Así, as invitacións poderanse recoller na oficina situada enfronte a Policía Local (Atención ao Cidadán) en horario de 11:00 a 14:00 horas.
O Concello de Baiona amplía o horario de recollida de invitacións para a Festa dos Maiores

