Gondomar abre o prazo para solicitar o servizo de comedor e material escolar

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a concelleira Rocío Cambra, abre o prazo para solicitar o servizo de comedor e material escolar (por emerxencia social e para educación infantil) correspondente ao vindeiro curso 2018-2019.

Todas aquelas familias que estean interesadas poderán facer a solicitude dende o 14 de maio ata o 22 de xuño, ambos inclusive, sendo este o prazo estipulado ao que se terán que acoller os interesados se queren optar á praza de comedor escolar e as axudas de emerxencia de acordo coa Ordenanza Municipal de Emerxencia Social, aceptando fóra de prazo tan só aqueles casos con causas debidamente xustificadas.

As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Benestar Social, na planta baixa da Casa da Cultura, teléfono 986 360 168.

Anuncios