O Baíña FS estreará o seu himno nunha cea aberta a todos os veciños

O vindeiro mércores día 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, o club Baíña Fútbol Sala organiza unha cea con música na Capa de San Antón. Trátase dunha cea para os socios, xogadores e pais dos nenos do club, pero tamén é unha cea aberta para todos os veciños que desexen asistir. Haberá moitas sorpresas e bailes para amenizar a velada, ademais de ser un día especial para o club baiñés, xa que ese día estrearase o himno do club. Todos os interesados poden facer as súas reservas no teléfono 620 961 630 (Javier Rubinos).

Anuncios