Brais Gómez, segundo no Trofeo de Ciclismo Concello do Pino

Brais Gómez Cima, do Club Ciclista Ponteareas, finalizou este domingo en segunda posición no V Trofeo de Ciclismo Concello do Pino, organizado polo Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas.

O baionés foi o segundo en cruzar a meta na categoría júnior, cun tempo de 1:42:55. O vencedor da proba foi o seu compañeiro de equipo Adrián Giráldez Rodríguez, que completou os 69,2 quilómetros en 1:42:15, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno Juan Guadalupe Zúñiga Longoria, do Aleata-CC Farto, cun tempo de 1:44:24.

A carreira, na que participaron máis de 130 corredores, discorreu polos Concellos do Pino e Arzúa. Constou dun circuíto longo de 44,5 km con continuos repeitos pero sen demasiado desnivel e incluíndo unha meta volante no quilómetro 9,7. Ao paso por meta no Pino disputouse a segunda meta volante no quilómetro 44,5 e comezou o circuíto pequeno de 12 km aproximadamente ao que deron dúas voltas, completando o total do 69,2 km.

Anuncios