Anuncios
Ticker de novas

Aparatoso accidente en Nigrán cun vehículo envorcado e seis feridos

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ

Seis novos veciños do Val Miñor resultaron feridos este sábado nun accidente de tráfico en Nigrán. O suceso produciuse ás 16:27 horas na PO-325, no cruzamento das rúas Torrente Ballester con Francisca Lago, Estrada pola Vía e Subida a Monte Lourido.

Un Volkswagen Golf que circulaba en dirección Vigo e no que viaxaban tres mozas de Gondomar realizou un xiro prohibido á esquerda ao chegar á intersección. Un Peugeot 306, con ocupantes de Nigrán e que se dirixía cara á Ramallosa, non puido esquivalo e impactou co Golf, facéndoo envorcar.

Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Nigrán, o GES do Val Miñor e dúas ambulancias do 061, que trasladaron aos feridos a centros hospitalarios da cidade de Vigo, ao Hospital Álvaro Cunqueiro e Povisa. En principio, as lesións non parecían de gravidade.

2018-05-05 - IMG_2612

Anuncios