Alberto Meira compite “en casa” o próximo fin de semana no Rally Rías Baixas

Tres anos despois da súa última edición, e de ser durante anos a cita mellor valorada do Campionato de España de asfalto, o Rally Rías Baixas volve celebrarse e faio afrontando unha nova era, en que puntúa para o Campionato Autonómico, onde sen ningún xénero de dúbidas está chamado a converterse na proba estrela. A incrible resposta dos equipos da zona traduciuse nun gran número de solicitudes de inscrición, cubríndose a cota de participantes en apenas un par de días desde que se abriu o prazo de recepción.

Para Alberto Meira, esta representa a carreira máis importante do ano, xa que compite ante gran parte dos seus seguidores, así como tamén na zona están situadas boa parte das firmas patrocinadoras do seu equipo. Pero por encima de todo están os especiais recordos que esta proba esperta no piloto de Vincios, desde os albores da súa afección polo motor, ata a súa formidable vitoria na edición de 2012, cando foi capaz de superar aos principais equipos do Campionato de España: “Para todos os afeccionados vigueses, o Rías Baixas é o rally que máis nos ilusiona, e ao que en moitos casos pertencen os nosos primeiros recordos de ver a un coche de carreiras. É unha excelente noticia que regrese, e por suposto motívame moito para tratar de facer un bo papel. Por encima de todo, tamén quero pedir aos afeccionados máxima preocupación, e respecto ás indicacións de seguridade. Durante estes días participei nalgúns dos coloquios que organizou a Escudería Rías Baixas, e creo que é fundamental que todo salga ben, e gocemos deste regreso do Rías Baixas”.

Alberto Meira e José Murado ocupan a terceira posición provisional no Campionato Galego de Rallies.

Para seguir o rally

VENRES 11 MAIO
Verificacións no Pavillón de deportes de Porriño
Cerimonia de saída na c/ Príncipe de Vigo a partir das 18:30
Tramo A “Gondomar” ás 19h43
Parque de asistencia situado en Samil

SÁBADO 12 MAIO
Saída rally ás 7 h30 desde Samil
Tramo B – “Mondariz” ás 8:18 e 11:26
Tramo C – “ Sabaxáns” ás 8:44 e 11:52
Tramo D – “Salceda” ás 17:31 e 20:49
Tramo E – “Porriño” ás 18:27 e 21:46
Final do rally a partir das 22:25 en Samil

Resultados en directo en… www.temposfga.eu

Anuncios