Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar

Durante todo o mes de maio estará aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2018/2019. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como Orquestra e Coro. Máis información nos teléfonos 986 360 746 (mañás) ou 986 389 283 (tardes) ou na páxina web www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalgondomar/.