Anuncios
Ticker de novas

Nace un proxecto para promover o turismo mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas

FOTO: MAR DAS ILLAS ATLÁNTICAS // Illas Cíes.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda (GALP 7), xunto cos GALP Ría de Pontevedra (GALP 6) e GALP Ría de Arousa (GALP 5), en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, puxo en marcha un proxecto de cooperación denominado “Mar das Illas” co cal pretende impulsar o turismo mariñeiro e pesqueiro nas Rías Baixas. Este proxecto ten como obxetivo promover a actividade do turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Un turismo responsable e sustentable para dar a coñecer o mar, as súas actividades , a súa cultura, etnografía da man da poboación local. Para iso haberá que formarse…

Coa Formación Inicial dos Profesionais do Mar para “Guías do Parque Nacional” preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

A Xornada Técnica de Estudo de Alternativas de Turismo Mariñeiro nas Rías Baixas responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico… Se celebrará este venres 4 de maio de 9:30 a 18:00 horas no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia. Calle Concepción Areal 8, Vigo.

As inscricións para participar na xornada poden realizarse na seguinte ligazón. Máis información no correo electrónico info@mardasillas.com.

cartel-MARDASILLAS-001

Anuncios