A Comisión de Festas de Parada pon en marcha un rastro mensual

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada organizará nos meses de maio, xuño e xullo un rastro no que vender libros, pintura, artesanía ou roupa. Celebrarase o primeiro domingo de cada mes de 10:00 a 20:00 horas no recinto exterior do Bar da Comisión. Todos os interesados en poñer o seu posto poden contactar no teléfonos 649 398 120 (Miguel) ou 609 221 822 (Patri).

Anuncios