Sin categoría

Xornada de divulgación sobre as consecuencias dos herbicidas e pesticidas en Gondomar

O Concello de Gondomar organiza o este mércores 2 de maio ás 20:00 horas no Centro Neural unha xornada divulgativa sobre as consecuencias do uso e abuso de herbicidas e pesticidas. Contará co relatores Dr. Carlos Spuch Calvar, Neurocientífico, Coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias, Instituto de Investigación Sanitaria Sur, e Francisco Javier Rodríguez Penedo, Secretario da Asociación Criadores de Aves Exóticas de Galicia (ACAE-Galicia).