Sin categoría

Os gondomareños Pablo Banga e Antonio Caeiro, finalistas no Festival de Cans

O vídeo clip “The Battle of the Good Men”, do grupo vigués de rock alternativo You Dog!!, dirixido polos gondomareños Pablo Banga, de Ollomol Audiovisual, e Antonio Caeiro, de O Faiado da Memoria, foi seleccionado finalista na 15ª edición do Festival de Cans na Sección Oficial de vídeo clips.

Co paso dos anos, a competición de vídeos musicais da Noite Gia converteuse nun evento de gran popularidade que recolle a variedade de estilos e talentos presente nas cancións da escena galega e nos realizadores e realizadoras que lles poñen imaxes.

O xornalista da TVG Eduardo Herrero será o encargado de presentar a sesión desta Sección Oficial de vídeo clips do Festival de Cans, que terá lugar o xoves 24 de maio ás 22:00 horas na Praza do Concello do Porriño.