Andrea López, do CPA Gondomar, bronce no Campionato Provincial

Celebrados os programas curtos e longos, de forma independente, da modalidade libre de Patinaxe Artística cos respectivos Trofeos Deputación e Trofeos Xunta, foi a quenda este sábado de realizar ambos de forma conxunta para os patinadores e patinadoras de Categoría Nacional nos Campionatos Provinciais de A Coruña e Pontevedra, organizados respectivamente por CP Conxuro de A Laracha e CPA Valladares de Vigo.

No caso de Pontevedra celebrouse no Pavillón de Valladares, con 31 participantes inscritos. Pola mañá realizouse o programa curto para as categorías Cadete, Xuvenil e Júnior, e pola tarde foi a quenda do programa longo. Andrea López Rodríguez, do Club Patinaxe Artística Gondomar, foi a terceira clasificada na categoría Júnior, clasificándose para o Campionato Galego.

2018-04-28 - 31512392_2347428962150338_7946647867569347950_n